Ir a Portada
  • Español
  • Català
  • Euskara
  • Galego
  • Valencià
Inicio »
VOLVER AL ÍNDICE DE NOTICIAS

Nombramento

José Fernando Rodríguez de Azero, novo presidente de Corporación Mutua

O actual presidente de MAC MUTUA DE ACCIDENTES DE CANARIAS, José Fernando Rodríguez de Azero y del Hoyo, foi designado novo presidente de Corporación Mutua, primeiro grupo mutual do país e primeira entidade mancomunada do sector de mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. A vicepresidencia de Corporación Mutua ostentaraa Remigio González Martínez, presidente de CESMA, MUTUA DE ANDALUCÍA Y DE CEUTA. Ambos cargos serán vixentes ata xaneiro de 2013.

José Fernando Rodríguez de Azero é presidente de MAC MUTUA DE ACCIDENTES DE CANARIAS desde o ano 2010. Tamén foi presidente de ASINCA (Asociación Industrial de Canarias), do Consello Social da Universidade de La Laguna e da CEOE-Tenerife, ademais de membro do Comité Executivo da CEOE Nacional, e foi director xeral para Tenerife e director de Marketing para España da multinacional americana International Paper Company, entre outros. Actualmente, compaxina a presidencia da MAC coa de Arico 99, unha Sociedade de Capital Risco formada por máis de 40 empresarios canarios.

José Fernando Rodríguez de Azero substitúe no cargo a Ángel Nicolás, actual presidente de SOLIMAT. A designación do presidente realízase de forma rotatoria e con periodicidade anual entre as distintas mutuas que compoñen a Entidade, isto é, CESMA-MUTUA DE ANDALUCÍA Y DE CEUTA, IBERMUTUAMUR, MAC-MUTUA DE ACCIDENTES DE CANARIAS, MC MUTUAL, MUTUA GALLEGA, MUTUALIA, SOLIMAT e UNIÓN DE MUTUAS. Así mesmo, renováronse nos seus cargos Heraclio Corrales, coma xerente da Entidade e Julio Megía, coma adxunto ó xerente.

Corporación Mutua é o primeiro grupo mutual do país por redes de servizo, con 324 centros propios distribuídos por todo o territorio español, e o segundo por recadación de cotizacións sociais. Ademais, conta con 380.000 empresas asociadas e presta cobertura a 3.210.000 traballadores.

Foto noticia
D. José Fernando Rodríguez de Azero

Foto noticia
D. Remigio González Martínez


Tema

José Fernando Rodríguez de Azero, novo presidente de Corporación Mutua

Contacto de prensa para xornalistas

Araceli de Blas: 609310885 // 91 416 31 00

Correo electrónico adeblas@servimedia.net


Imaxe da marca Corporación Mutua (PDF e EPS)

Imágen de la marca Corporación Mutua en PDF Imágen de la marca Corporación Mutua en EPS

VOLVER AL ÍNDICE DE NOTICIAS

© Corporación Mutua, entidad mancomunada de M.A.T.E.P.S.S. nº 68. Todos los derechos reservados.